O cogomelo enxebre

Unha pequena ventá ao mundo da micoloxía galega

Consellos para a recollida de cogomelos

Deixar un comentario

Á hora de ir apañar cogomelos existen algúns consellos que che poden axudar.

Antes de saír ao monte:

-Coller unha cesta de base ancha, ben aireada. Non debes por sobre esta base ningún material, como papeis ou follas, xa que así favorecemos a diseminación das esporas.

-Non se deben empregar as bolsas de plástico porque as setas descompóñense e fermentan rápidamente e poden converterse nun alimento tóxico e indixesto.

-Necesitarás bo calzado, unhas botas transpirables e cómodas, levar prendas para a choiva como un chuvasqueiro e un pantalón impermeable.

-É aconsellable utilizar un bastón xa que ademais de acompañarnos na marcha, pódenos servir de defensa fronte a un posible ataque dun animal ou mesmo para apartar ramas.

-Deberás levar un silbato ou GPS por se te perdes.

-Non vaias só ao monte. Pode ser moi perigoso e imprudente.

-Elixe un sitio adecuado. As especies de cogomelos dánse en hábitats diferentes. Isto hai que telo en conta á hora de saír a recoller cogomelos. Polo tanto, a saída ao monte debe planificarse sabendo antes que especies se van recoller  e o lugar apropiado.

No monte:

-Non debes remover o chan nin empregar sachos ou outras ferramentas que alteren a capa superficial do chan.

-Todas os cogomelos desempeñan funcións importantes na natureza e non debemos pisar os cogomelos, aínda que sexan velenosos.

-Non recoller para o consumo cogomelo que estean ao borde de camiños moi transitados ou bordes de carreteiras, así como preto dalgunha industria perigosa, aeroportos, centrais nucleares. O contido nos cogomelos de metales pesados como o mercurio, cadmio ou plomo, pode ser moi elevado.

-Hai que seleccionar as setas que sexan para o noso consumo, cortalas polo pe mentres que as setas que sexan para clasificar ou estudar  haberá que collelas enteiras.

-Hai que recoller exemplares de tamaño medio co fin de evitar, se é posible, os moi pequenos. Non se debe coller unha seta antes de que teña un tamaño apropiado.

-Non collas exemplares vellos ou deteriorados, xa que ao chegar á casa teremos que tiralos directamente á basura e ademais vannos estropear os cogomelos sans.

-Debemos tapar o oco que queda ao recoller o cogomelo e non deixar restos de cogomelos espallados, na medida do posible cómpre enterrar eses restos.

– A primeira limpeza debe facerse no monte, así como a primeira revisión dos cogomelos.

1378660_637382049635931_2005658111_n

Á hora de chegar á casa:

-Selecciona os exemplares recollidos e clasifícaos por especies.

-Gárdaos na neveira, unha vez limpos.

-Nunca comas un cogomelo que non coñezas. Non fagas caso de crenzas populares nin de ditos de xente inexperta, fronte a menor dúbida non consumas ningún cogomelo.

-Non debemos consumir moitos cogomelos porque poden resultar indixestos. O ideal é comelos en plan degustación ou comelos á hora da comida.

Finalmente, lembra que debemos ser respetuosos co medio ambiente, non deixando pegada ao  noso paso polo monte e levando a nosa basura con nós. Lembra que hai asociacións micolóxicas que che poden asesorar!

Deixar un comentario