O cogomelo enxebre

Unha pequena ventá ao mundo da micoloxía galega

Cogomelos en Galicia. Breve historia

Deixar un comentario

Durante séculos a sociedade galega en xeral,  mirou con receo os vexetais silvestres que adoitaban medrar nos montes de Galicia. Así e todo, aínda que a maioría seguía esta corrente, moitos dos nosos devanceiros adoitaban consumir cogomelos.

800px-Castro_en_santa_tegra

Xa antes da chegada dos romanos os menciñeiros castrexos, igual que os druídas celtas, consumían cogomelos e coñecían as súas propiedades medicinais. Despois, no S.IV os discípulos do bispo Prisciliano de Ávila, perseguido por consumir cogomelos e vexetais, consumían cogomelos que tiñan un poder alucinóxeno, como a Amanita ou o cornello do centeo.

Posteriormente, moitos galegos que emigraban aprenderon a valoralos no país de adopción, pero polo xeral a súa consumición era considerada como unha herexía culinaria.

A micofobia foi, desta maneira, herdada de xeración en xeración en gran parte debido á súa vinculación coa bruxería tempo atrás, as arraigadas concepcións relixiosas e a existencia de exemplares mortais, entre outras cousas. Así, a bióloga galega e experta no ámbito da micoloxía galega, Marisa Castro, afirma, que a pesar da climatoloxía de Galicia e da proliferación de moitas especies de cogomelos, na nosa terra nunca existiu unha verdadeira cultura micolóxica ata hai pouco tempo, dado que o sentimento maioritario sempre foi de rexeitamento.

Álvaro Cunqueiro foi un dos primeiros escritores galegos, xa no século vinte, que adicou parte da súa obra a falar sobre a diversidade e a riqueza dos cogomelos de Galicia. No artigo xornalístico El viaje al bosque ou nos libros Viaje por los montes y Chimeneas gallegas e Escola de Menciñeiros, poderedes atopar a súa visión sobre a paisaxe da micoloxía galega.

cunqueiro

A concepción pexorativa dos cogomelos en Galicia foi mudando co paso do tempo e aínda que ata hai uns anos o consumo de cogomelos era cousa dalgún galego atrevido, hoxe os cogomelos cultívanse, recóllense e cocíñanse nas tixolas galegas. Ademais, estes fungos, convertéronse nun manxar de deuses e abondan acotío nas feiras gastronómicas.

 

 

 

Deixar un comentario