O cogomelo enxebre

Unha pequena ventá ao mundo da micoloxía galega

A Micoloxía Galega Na Literatura

Deixar un comentario

Seguindo a tradición literaria na micoloxía de Cunqueiro,atopamos unha colección de obras en galego, que mostran detalladamente a historia da micloxía galega así como diferentes tipos de cogomelos.

Ademáis detallanse as carácterísticas dos cogomelos e adxúntanse varios tipos de reictas de todo tipo, que abranguen tamén a alta cociña.Entre estas receitas atópanse elaboracións con arroz, carnes…

Entre os diferentes títulos atopamos Os cogomelos na cociña e outras cousas dos respetados cociñeros Pedro Roca e X. M. Fernández onde nos amosan un amplo abano de interesantes propostas denominadas “nova cociña” así como mostrar o percorrido do cogomelo dende o monte ata o prato.                                                                                                                                                                            

De tirada máis recente atopamos a obra de María Quadrada Cogomelos,a cociña do bosque.

Esta obra sorprende con 104 receitas para cociñar cogomelos, onde destacan todo tipo de pratos, así como repostería. As receitas están orientadas a todos os públicos xa que para cociñar moitas non hai que entrar moito no mundo da cociña.

A Bióloga e mestra da Universidade de Vigo María Castro, plasma o seu estudo dos cogomelos na obra Cogomelos de Galiza e Norte de Portugal, onde fai unha ampla guía dos cogomelos: propiedades, toxicidade , etimoloxía, arumes…                                                                                                                        

Outros títulos onde ver o mundo galego da micoloxía, son as obras O sabor da terra, encontro cos cogomelos de Helena Villar ou VVAA de Marisa Castro

Deixar un comentario